Buscar

Un só espazo, máis de mil historias.

¡Xa estamos aquí! O Grupo Etnográfico Traxandaina ten o pracer de presentar Espazo Relembra, o único espazo cultural adicado íntegramente á conservación e dinamización da vestimenta tradicional galega e as artes rurais.

Próximos eventos.

últimos artigos.

A muller como coidadora: razón de existir da humanidade

A través dos coidados, as mulleres transmitiron saberes imprescindibles para a supervivencia e a saúde das comunidades ao longo dos séculos. Desde a observación empírica na prehistoria ata a profesionalización da enfermaría, estas prácticas pasaron de nais a fillas, mantendo vivo un coñecemento esencial. As enfermeiras profesionais, herdeiras deste legado, continúan coidando con dedicación, aínda loitando contra os estereotipos de xénero que, durante tanto tempo, invisibilizaron a súa labor. Sen elas, a historia da saúde e do coidado humano sería incompleta.

Ler máis

Tocar, bailar e vestir

A transmisión oral permitiu que este legado chegase ata os nosos días, pasando de nais a fillas os saberes sobre as cantigas, o tecido e os labores do campo. A vestimenta reflectía a orixe de cada muller, do mesmo xeito que os toques da pandeireta marcaban o baile. As festas non serían posibles sen as pandereteiras, e sen elas tampouco habería traxes que conservar.

Ler máis

Relembra Guías.

O Espazo Relembra.

Espazo Relembra é un rincón adicado ao enriquecemento cultural e artístico da nosa comunidade. A nosa misión é fomentar o aprecio pola vestimenta tradicional e…