O Espazo Relembra é un rincón adicado ao enriquecemento cultural e artístico da nosa comunidade. A nosa misión é fomentar o aprecio pola vestimenta tradicional e as diversas formas de expresión artística, dende as artes plásticas e escénicas ata a literatura ou gastronomía.
Neste espazo ubicado na Rúa do Miño, Lugo, atoparás unha mostra permanente de auténtica vestimenta tradicional galega e unha programación diversa e dinámica que busca transmitir a historia do noso pasado e amosar o noso futuro.
O Espazo Relembra é un punto de encontro para artistas, creadores e amantes da cultura, ofrecendo obradoiros de formación, exposicións, presentacións e eventos.
Descubre máis sobre a nosa historia, o noso traballo e a nosa visión, únete a nós nesta viaxe cultural que celebra a creatividade e a diversidade.
“As raíces dunha nación, as súas tradicións e a súa historia, son os cimentos sobre os que construimos o noso presente e soñamos cun futuro cheo de significado e continuidade.”
Falemos de...
Tés algunha cuestión, queres saber máis ou compartir algo con nós? Enche o formulario de abaixo e conectemos.